top of page

A comarca de Ordes reclamou igualdade neste 8-M

Os concellos da comarca de Ordes acolleron diversos actos a prol da igualdade para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. O Concello de Cerceda organizou un acto baixo o lema "Xuntas máis fortes", amenizado con pandeireteiras. O Concello agradeceu ás participantes do vídeo Emprender en Feminino por amosar unha parte do seu día a día e contar os seus comezos no camiño do emprendemento.


No Concello de Oroso celebraron un acto para posicionarse "máis ca nunca, a prol da igualdade real entre mulleres e homes en todos os ámbitos da vida".

Pola súa banda, o Concello de Frades conmemorou a data coa lectura dun manifesto diante da casa do concello por parte da concelleira de Muller e Igualdade, Ánxeles Álvarez.

Previamente, o concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro acudiu ao CPI Ponte Carreira para conmemorar a data e repartir material entre alumnado. Este domingo 12 de marzo rematarás a campaña especial "Ti si que o vales" cun Punto Lila e mesa informativa na Feira da Ponte Carreira.

O Concello de Tordoia publicou un vídeo que dá voz ás mulleres da localidade.


Tamén Trazo reclamou igualdade "na educación, no deporte, na participación social, nos traballos, na política, na administración..." cunha concentración baixo o lema "Trazo avanza".

En Mesía conmemorouse o día da Muller falando de identidade e autoestima, entre outras cousas. Un encontro moi ameno dirixido pola psicóloga Olaia González. A próxima charla, sinala o Concello, falará sobre as emocións. Pódense anotar asistentes chamando ao 981 68 72 41.


Comments


bottom of page