A escola de xadrez de Ordes celebrou o seu torneo de fin de curso
- Crónicas da comarca
- 29 jun 2023
- 1 Min. de lectura

O mércores 28 tivo lugar no Centro Sociocomunitario Isabel Zendal o torneo fin de curso da escola de xadrez coa participación de case 40 xogadores. No torneo competiron xogadores e xogadoras de todas as idades, así como familiares, na modalidade de 10´ finish arbitrado polo mestre da escola Roberto Patiño e resultou vencedor Álvaro Viqueira Verea, que renovou o acadado na derradeira edición do torneo, alá polo ano 1985.
Dende o club Xadrez Ordes agradeceron a colaboración do alcalde de Ordes, Ana Soneira e Marcos Gándara (técnico municipal) para facer realidade este gran torneo.
Comentarios