top of page

A Festa do Maior de Cerceda xuntou a case 500 persoas no seu retorno


O sábado 21 tivo lugar unha nova edición da 'Festa do Maior' de Cerceda no pavillón Limeisa, o que supuxo o retorno deste tradicional evento após apandemia. Na comida, organizada polo Concello, déronse cita 460 persoas do municipio, con idade superior aos 65 anos.

Ao remate do almorzo de confraternidade o alcalde, Juan Manuel Rodríguez, e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Catrina Queijo, fixeron entrega dun obsequio ao home máis lonxevo presente, Jesús Mosquera Mosquera, nado en 1930, e á muller de máis idade, Francisca Don Rodríguez, do ano 1931.

コメント


bottom of page