A maior parte da comarca en alerta laranxa por incidencia de COVID-19
- Crónicas da comarca
- 27 oct 2020
- 1 Min. de lectura

Catro dos sete concellos da comarca de Ordes están a día de hoxe en alerta laranxa pola incidencia acumulada ao longo dunha semana de COVID-19. Son os concellos de Ordes, Oroso, Cerceda e Mesía. En todos eles son detectados, semanalmente e vía PCR, de 14 a 21 casos novos. Pola súa banda, Tordoia, Trazo e Frades seguen en verde e detectan menos de sete casos semanais.
En Cerceda, o Concello ten constancia de 17 positivos a día de hoxe en todo o municipio. En Frades, o pasado día 23 había dúas persoas en illamento domiciliario por COVID-19. En Ordes o concello declara 5 positivos, un falecemento e 21 altas con base en 2718 PCR feitas dende o mes de agosto. Tordoia rexistra 4 casos de COVID-19. Todos os concellos desexan ás persoas enfermas unha pronta recuperación e chaman á cidadanía a reforzar as precaucións fronte ao coronavirus.
Comments