top of page

A Mancomunidade de Ordes en Fitur

A delegada da Xunta na Coruña, participou hoxe no

espazo de Turismo de Galicia en FITUR 2026 no acto de presentación da proposta

“DesOrdes Xeodestino Mural”, onde puxo en valor “un proxecto que é exemplo de traballo

compartido, visión a longo prazo e compromiso real co territorio”.No marco de FITUR 2026, Terras de Ordes presentou o proxecto “DesOrdes Xeodestino

Mural”, baseado no uso da arte urbana e do muralismo como ferramenta de promoción

turística e de revitalización territorial. A delegada destacou que este proxecto é unha das

expresións máis visibles e innovadoras deste proxecto comarcal”.

“Falamos de máis de 120 murais, concentrados principalmente no casco urbano de Ordes,

pero que se estenden aos concellos de Oroso, Trazo, Tordoia, Frades, Mesía e Cerceda,

abarcando diferentes temáticas, convertendo o territorio nun auténtico museo ao aire libre,

integrado na vida cotiá e na paisaxe”, explicou.

A representante da Xunta puxo tamén en valor “a clara aposta pola dixitalización”, coa

xeolocalización dos murais e doutros recursos turísticos a través da web terrasdeordes.gal,

así como a creación de rutas guiadas, audioguías e materiais interpretativos que “facilitan

e enriquecen a experiencia do visitante”.

“Moitas persoas chegan atraídas pola arte urbana, pero acaban descubrindo tamén

espazos naturais singulares, patrimonio histórico, festas populares e unha gastronomía

con identidade propia”, engadiu.

Finalmente, a delegada quixo recoñecer publicamente “o esforzo sostido da

Mancomunidade de Ordes, a capacidade de traballar unidos e a valentía de apostar por un

modelo turístico diferente, creativo e sostible”.

“Terras de Ordes demostra que cando hai visión compartida os territorios medran, que o

turismo pode ser unha ferramenta de cohesión e que o rural e o interior teñen moito que

dicir no mapa turístico de Galicia”, afirmou.

A delegada concluíu sinalando que “FITUR é un escaparate internacional, pero o

verdadeiro valor destes proxectos está no traballo diario e na convicción de que o futuro se

constrúe desde a identidade propia”, e asegurou que “desde a Xunta de Galicia

seguiremos apoiando iniciativas como esta, que representan unha Galicia diversa, creativa

e orgullosa do seu territorio”.

Comentarios


bottom of page