top of page

A Mancomunidade de Ordes leva a FITUR as ‘Rutas Guiadas pola Comarca de Ordes’



A Feira Internacional de Turismo (FITUR) de Madrid acollerá o vindeiro mércores, 18 de xaneiro, a presentación das ‘Rutas Guiadas pola Comarcade Ordes’, unha iniciativa promovida pola Mancomunidade que procura a divulgación do patrimio natural e paisaxístico dos concellos que a conforman. No acto intervirán a presidenta da Mancomunidade, Susana García, o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e Iria Rodríguez, da empresa Viaxes Alumar.


A iniciativa integra un total de sete visitas guiadas polos municipios integrantes da Mancomunidade. As visitas buscan promover o patrimonio natural, etnográfico e gastronómico da comarca. A experiencia pode mellorarse contratando un apartado gastronómico con degustación de produtos típicos.


O proxecto foi elaborado por unha vintena de empresas do xeodestino Terras de Ordes. Tanto particulares como axencias poden realizar reservas. As rutas están dispoñibles para reserva na web da Mancomunidade.


Comentários


bottom of page