A "señora Carmiña" de Cerceda cumpre 103 anos
- Crónicas da comarca
- 2 oct 2023
- 1 Min. de lectura

A veciña de Cerceda Carmen García Calvo, a "señora Carmiña", vén de cumprir 103 anos.
Desde o Concello de Cerceda quixeron acompañala nesta data tan sinalada e brindarlle un centro de flores como agasallo. O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, e a concelleira de Benestar Social, Catrina Queijo, felicitaron a Carmen persoalmente.




Comentarios