![](https://static.wixstatic.com/media/9bc9f6_5a11a091c5994b20af24c0ac0577c25b~mv2.jpg/v1/fill/w_980,h_653,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_auto/9bc9f6_5a11a091c5994b20af24c0ac0577c25b~mv2.jpg)
Algo máis de 470 persoas, veciños e veciñas de Frades de máis de 60 anos, participaron na XXIV Festa dos Nosos Maiores, que tivo lugar este sábado na carballeira de San Nicolao e que estivo presidida polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, á fronte da corporación municipal, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños.
A XXIV Festa dos Nosos Maiores comezou coa misa das 13:30 horas. Ás 14:00 horas, mentres os comensais buscaban os seus asentos, a música correu a cargo do dúo Eva e Camilo. O xantar estivo ofrecido polo restaurante Casa Taboada (Touro) cun menú a base de empanada, polbo á feira, xarrete, sobremesa e café.
A partir das 17:30 horas houbo xogos antigos aos que xogaban os nosos maiores cando eran cativos (aro, chave...) mentres soaban os acordes da música dos grupos folclóricos Medorra con Troula (Galegos) e Sarillo (Aiazo). Unhas actuacións que precederon á tradicional homenaxe ás catorce persoas de máis de 90 anos presentes na festa. A festa rematou cunha espectacular tronada que deu paso á actuación musical do Dúo Eva e Camilo.
Comments