O Concello de Cerceda lembrou hoxe a apertura do prazo para a presentación de solicitudes de cara a participar no Campamento de Nadal de 2021. Os campamentos levaranse a cabo no Centro cívico e no Pavillon Municipal de Cerceda, dirixidos a nenas e dos nenos a partir de 3 anos (nados no 2018) até 12 anos. O prazo de solicitude é ata o 10 de decembro por Rexistro ou pola sede telemática do Concello de Cerceda.
O horario do campamento será de 9:00 a 14:00 horas. A datas nas que se vai realizar serán o 22,23,27,28,29,30 de decembro e o 3, 4,5 e 7 de xaneiro.
As actividades que se van levar a cabo van a ir mesturado actividades lúdicas adaptadas ás diferentes idades, con actividades de ámbito cultural, xogos, manualidades, obradoiros de cociña do nadal, con doces típicos, obradoiros de adornos e abalorios típicos de estas datas.
Todas estas actividades estarán encamiñadas a conseguir que as nenas e nenos disfruten do seu tempo de lecer mediante novas experiencias e poidan desenrolar cousiñas do nadal no campamento e despois na casa.
Коментарі