top of page

Alerta amarela por tormentas en case toda a comarca de Ordes



A Dirección Xeral de Emerxencias e Interor alerta hoxe de tormentas no interior e oeste da provincia da Coruña, logo da alerta da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). A previsión é de comezo ao mediodía do día 24 e de remate cara á noite.


O aviso significa que na zona afectada prevense choivas ou ventos localmente fortes ou saraiba inferior a 2 centímetros. Dado o carácter deste fenómeno poden producirse tormentas puntuais de maior intensidade.


Os municipios afectados na comarca de Ordes serán Ordes, Oroso, Trazo, Mesía, Tordoia e Frades, quedando fóra unicamente Cerceda desta alerta.

Kommentare


bottom of page