top of page

Arrinca a mellora do firme na AC-524 ao paso por Frades


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciou onte, luns 27 de outubro, as obras de mellora do firme na estrada AC-524 ao seu paso polo concello de Frades, concretamente pola travesía de Abellá. A Xunta de Galicia dá resposta así á petición realizada en xullo deste mesmo ano polo Pleno Municipal, que aprobou por unanimidade a proposta do alcalde, Roberto Rey, de esixirlle á administración autonómica unha serie de melloras nesta estrada.


O Concello lamenta non ter aínda resposta da Deputación da Coruña para a súa solicitude, na mesma proposta, de arranxar a CP-3801 Sigüeiro-Cimadevila e a DP-3802 Ordes-Ponte Carreira. Tamén lamenta que o Estado non arranxase, como solicitou, a N-634 ao seu paso por Ponte Carreira.


A Xunta informa que para poder avanzar na execución destas actuacións de mellora na AC-524 é necesario o corte dun carril, regulándose o paso alternativo de tráfico polo outro. Está previsto que os traballos no firme se desenvolveran ao longo dunha semana e, posteriormente, levarase a cabo a reposición da sinalización horizontal, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.


Esta intervención supón un investimento de preto de 50.000€ dun contrato adxudicado a empresa Francisco Gómez y Cía S.L. e o resto a cargo do programa de mantemento das estradas autónomicas

Comments


bottom of page