top of page

As queimas forestais, prohibidas ata novo aviso da Xunta



A Consellería do Medio Rural da Xunta vén de informar de que, aínda que hoxe remata a tempada de alto risco de incendios forestais, as queimas de restos agrícolas e forestais amoreados seguirán prohibidas en Galicia ata novo aviso, tendo en conta a variabilidade das previsións meteorolóxicas para os vindeiros días.


Polo tanto, non se concederán comunicacións nin autorizacións para realizar estas queimas. Ata novo aviso, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal, sinala a Xunta.


A decisión tomouse tendo en conta, explican fontes da Consellería, que a normativa prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas así o estimen, tal e como sinala o Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais.

Comments


bottom of page