top of page

Ata 60 concellos de Galicia pechados dende o venres



O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, compareceu esta mañá para dar conta dos acordos tomados onte polo comité clínico da Xunta. Os concellos que xa tiñan restricións ven estas incrementadas. “A curva demostra que as decisións de peche interior de establecementos, perimetral e dos servizos non esenciais non fixeron á taxa desplomarse”, sinalou, adiantando que en 60 concellos galegos se procederá a pechar perimetralmente o municipio, pechar os servizos esenciais e o interior do establecemento.

O avance da pandemia causará a ampliación das restricións, que entrarán en vigor ás 15h do venres e durarán un mes en 60 concellos de Galicia -as cidades e áreas limítofes, aínda que a lista completa aínda non se coñece-. Trátase de optar por medidas breves e duras fronte ás longas e laxas, sinalou o presidente. Nos municipios afectados restrínxense as actividades non esenciais, permitíndose só os movementos laborais, educativos, de coidados e sanitarios. O comercio funcionará co mesmo criterio que no resto de Galicia. Pechará a hostalería, coa excepción do servizo a domicilio e para levar. A práctica deportiva será individual. O aforo en cines e auditorios queda reducido a 30 persoas -75 en exteriores-. A entrada e saída da área seguen pechadas. Aínda non se sabe de que forma concreta afectará a cada concello da comarca de Ordes.

Feijoo recordou que neste momento hai 80 persoas na UCI en Galicia -a metade do pico de 178 en abril-. A hospitalización tamén está aproximadamente na metade da taxa de abril. “Estamos lonxe do estrés hospitalario, pero non queremos que se incremente a ocupación e se deixe de atender outras patoloxías pola loita contra a COVID-19”, sinalou. Feijoo mandou unha mensaxe de apoio á hostalería, desexou reabrila en decembro e adiantou que o consello da Xunta de mañá avaliará medidas de apoio ao sector.

Kommentare


bottom of page