O Concello de Tordoia cubrirá parte dos gastos derivados do desprazamento de alumnos e alumnas que cursen bacharelato ou ciclos formativas homologados de grao medio ou superior mediante subvencións ao transporte escolar. O importe máximo ao que se pode acceder é de 500 € por estudante.
Dende o Concello salientan que "estas becas á mobilidade son un novo exemplo das prioridades municipais en cubrir servizos básicos a atender as necesidades da veciñanza, como gastos derivados da educación dos máis mozos". Destacan que estas axudas veén sumarse a outras axudas municipais como as bolsas para o deporte individual ou o apoio á natalidade.
Comments