Case 40 estafas en Galicia por falsos SMS do banco
- Crónicas da comarca
- 3 ago 2021
- 1 Min. de lectura

A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil da Coruña alertou hoxe de que nos últimos meses estivo a producirse unha campaña de estafa bancaria da que xa se detectaron 39 casos en toda Galicia, estafándose en total cas 370.000 euros. As estafas consisten nunha variante de phishing chamada smishing e vishing, manobras coas que os estafadores conseguen información bancaria das súas vítimas.
As persoas estafadas recibiron un SMS en que os criminais se facían pasar por empregados bancarios, alertando dunha suposta utilización fraudulenta das súas contas ou tarxetas. As mensaxes incluían enlaces de acceso á banca electrónica simulada, xa que en realidade eran sitios pertencentes aos estafadores e onde obtiñan os datos das vítimas cando estas accedían para anular as inexistentes operacións fraudulentas.
Posteriormente, os estafadores chamaban ás vítimas facéndose pasar por empregados do banco e pedíanse as chaves de acceso recibidas por SMS, obtendo deste xeito os datos suficientes para prodecer á estafa, accedendo e operando coas contas bancarias das persoas afectadas.
A Garda Civil alerta dun aumento neste tipo de estafas, cada vez máis perfeccionadas. Ante contactos sospeitosos das entidades bancarias, as autoridades recomendan comprobar sempre a situación polos canais habituais de comunicación co banco e non dar información sensible fóra dos mesmos.
Comments