top of page

Catro concellos da comarca con incidencia de COVID-19 menor que 150


Trazo non rexistrou ningún caso de COVID-19 nos últimos 14 días, cunha incidencia menor de 25 casos por cada 100.000 habitantes. Frades e Mesía rexistraron de 1 a 9 nese período, cunha incidencia entre 50 e 150 casos por cada 100.000 habitantes. En Oroso a incidencia é a mesma, con 10 casos detectados nesta quincena. Son os datos que máis convidan ao optimismo na comarca.


Pola súa banda, nos concellos de Ordes, Cerceda e Tordoia, aínda que a pandemia tende a estabilizarse, a incidencia segue a ser maior (de 150 a 250 casos por cada 100.000 habitantes). En Ordes hai 24 casos activos (28 nas dúas últimas semanas), dos cales 23 están en domcilio e 1 ingresado en hospital. En Cerceda detectáronse 11 casos en quince días e de 1 a 9 en Tordoia,

Comments


bottom of page