top of page

'Cazada' unha condutora escolar sen carnet en Ordes


A Garda Civil identificou hoxe á condutora dun transporte escolar que circulaba sen permiso de conducir, xa o que o perdera logo de quedar sen puntos no mesmo. Os feitos ocorreron sobre as 9h de hoxe, cando dentro da campaña de transporte escolar da DXT nun colexio da localidade, os axentes que se atopaban na zona viron que unha condutora deixaba aos nenos na esquina previa á parada, coa intención de continuar e evitar a inspección.


Os axentes observaron esta estraña manobra e requiriron á condutora para realizarlle a inspección completa da campaña, detectando que carecía de permiso de condución. A condutora está a ser investigada por un delito contra a seguridade viaria en Resolución

firme da Xefatura Provincial de Tráfico, e terá que comparecer ante o Xulgado de Garda de Ordes.


Tamén se denunciou por outras infraccións administrativas á Xefatura de Tráfico e ao servizo de Transportes da Xunta. O vehículo quedou inmobilizado no lugar da inspección. Transportaba 12 menores que asistían ás súas clases no centro educativo.

Comments


bottom of page