top of page

Cerceda arrincou o curso escolar con melloras nos colexios


O Concello de Cerceda deulle a benvida ao curso escolar con varias melloras acometidas nos centros educativos do municipio. Ás melloras estruturais, hai que sumar as axudas en escolarización, o gasto en persoal e tamén os correntes, todos eles por riba dos 100.000 euros.


No CPI O Cruce realizouse unha reparación urxente da cuberta, así como a impermeabilización da terraza do patio, a falta da colocación do peche perimetral con malla. Tamén se executaron as reparacións eléctricas demandadas pola comunidade educativa. No CEIP Celso Emilio Ferreiro instalouse tarima nas aulas de infantil e renováronse os paramentos exteriores de todo o colexio.


“A educación é un dos piares básicos da sociedade, problablemente o fundamental. De aí que, indo en moitas ocasións máis aló das nosas competencias, o Concello sempre está para escoitar e, na medida das súas posibilidades, tratar de ser resolutivo. Cando falamos das necesidades dos nosos nenos e nenas, esa sensibilidade ten que estar por riba de todo”, asume o acalde, Juan Manuel Rodríguez.

Comments


bottom of page