O Concello de Cerceda asinou onte o convenio de colaboración coas asociacións culturais e deportivas do municipio. O acto tivo lugar no salón de plenos do Concello, presidido polo concelleiro de Deportes, Jesús Rama, a edil de Cultura, Cristina Capelán, e mais o alcalde, Juan Manuel Rodríguez. En total, presentáronse 18 solitudes de asociacións deportivas, 5 solicitudes de asociacións culturais e unha solicitude dun deportista. Entre todas suman máis de 44.000 euros concedidos entre entidades culturais e deportivas.
top of page
bottom of page
Comentários