top of page

Cerceda estende o alumeado LED por Xesteda



Durante estas semanas está a cambiarse ao longo e ancho de Xesteda o alumeado dos puntos de luz a LED. É unha actuación financiada nun 80% polo Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético(IDAE) . A idea é levar a cabo ao longo do municipio a substitución progresiva do antigo alumeado público por unha nova rede con tecnoloxía LED, con menor consumo e mellor calidade luminosa, informan dende o Concello.


Simultaneamente, tamén se reforzou a iluminación en Recegulfe.

Comments


bottom of page