Cerceda, Ordes e Oroso concentran os casos de COVID-19 na comarca
- Crónicas da comarca
- 23 nov 2020
- 1 Min. de lectura

A Xunta volveu mudar de criterio á hora de trasladar ao público os datos por concellos de incidencia de COVID-19, optando agora por un mapa que mostre os novos casos diagnosticados nos últimos 14 días municipio a municipio. Esta nova clasificación revela que a maior parte dos casos de COVID-19 se restrinxen a tres dos sete concellos da comarca de Ordes: a propia Ordes, Cerceda e Oroso. A capital comarcal rexistra 36 casos, mentres que hai 38 en Cerceda e 25 en Oroso. Tanto Frades como Trazo e Mesía rexistran menos de 10 casos activos. Tordoia ten 11 casos activos, segundo informou esta mañá o Concello. En Frades, o concello identificaba a semana pasada a existencia de cinco casos activos na localidade. Nin en Mesía nin en Trazo se fixeron públicos na última semana odatos específicos sobre o número de casos activos, máis alá dos datos da Xunta (entre 1 e 9).
Commentaires