Dende o Concello de Cerceda ofreceranse distintas actividades coa finalidade de chegar a diferentes parroquias e persoas, co obxectivo de axudar na activación e mantemento do corpo e da mente.
As actividades serán ofertadas a partir do 9 de marzo, e realizaranse cada xoves dese mes entre as 10:30 e as 12 nos locais sociais da Silva, Rodís, Xesteda, Queixas, Meirama e Encrobas.
As actividades inclúen ioga, ximnasia, actividades ao aire libre, pilates, memoria e tecnoloxía. Pódese solicitar información ou inscrición ata o luns 6 de marzo chamando ao 981 68 50 01.
Comentarios