O Concello de Cerceda está a levar a cabo múltiples intervencións ao longo do territorio, como no caso de Ribasoutas. A semana pasada aprobáronse as actas de replanteo para proximamente dar inicio ás obras de saneamento da estrada de Xesteda ao cruce de Londoño e a senda peonil do Toural. Tamén está a piques de comezar a obra das beirarrúas en Casarios.
Do mesmo xeito, o Concello tamén ven de firmar un acordo este mes para dispoñer de novos terreos, o cal permitirá en breve levar a cabo diferentes obras: a mellora dos accesos ao CPI O Cruce, pavimentación vial na Picota, senda peonil no Ubal (DP 2403) e camiño de Pedregal a San Vicenzo.
Comments