top of page

Cerceda suspende actividades culturais e deportivas ata 2021



O Concello de Cerceda anunciou hoxe a suspensión das actividades culturais e deportivas de carácter municipal ata xaneiro do ano que vén. A suspensión non afectará ás competicións oficiais, que poderán adestrar cando estas se retomen. O Concello toma esta decisión ante a situación sanitaria, con varias repuntas de COVID-19 por toda a xeografía galega. Esperará a ver a evolución da doenza para decidir os próximos pasos.


Os cursiños da piscina municipal suspéndense tamén, se ben a piscina continuará aberta no seu horario habitual dende o 1 de outubro.


En canto aos locais sociais do Moucho, a Silva e a Baixa, permanecerán pechados provisionalmente, xa que non é posibl retomar a actividade con normalidade neles. O Concello agarda que a situación mellore canto antes e se retomen as actividades.

Comments


bottom of page