Churros en Cerceda para celebrar o fin de ano
- Crónicas da comarca
- 28 dic 2023
- 1 Min. de lectura
O Concello de Cerceda informa de que o vindeiro domingo, 31 de decembro, de once da mañá a dúas do mediodía, haberá churros na praza da Feira das Nenas da Silva e na praza do Campo da Feira, do grupo Bacoga, para todas as veciñas e veciñas que queiran. Festexerase así o final do ano 2023. O Concello convida a toda a veciñanza a asistir.





Comentarios