O Concello de Frades confirmou a última día da tarde de onte dous novos casos positivos. Deste xeito, a día de hoxe hai no municipio un total de cinco casos: catro en illamento domiciliario e unha persoa en illamento hospitalario.
Dende o Concello de Frades desexan unha pronta e total recuperación de todas as persoas afectadas. Sinalan que este aumento de casos debe servir "para ver que non podemos baixar a garda en ningún momento". Pregan "sentidiño" e seguir as recomendacións das autoridades sanitarias: máscara, desinfección e distancia social.
Comments