Clamor en Cerceda contra a violencia machista
- Crónicas da comarca
- 27 nov 2023
- 1 Min. de lectura

Cerceda acolleu o sábado 25 unha andaina polo trazado da Vía Verde con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Cento de persoas saíron do Xardín Botánico para percorrer varios quilómetros finalizando a actividade coa xornada da lectura do manifesto institucional.

Pola súa banda, os equipos de fútbol base do Club Atlético Cercedense que xogaron como locais o mesmo dúa sumáronse ás reivindicacións. Os xogadores e xogadoras dos equipos de prebenxamíns, benxamíns, alevíns, infantís e xuvenís portaron unha pancarta de condena á violencia de xénero. Desde pequenos e pequenas é importante educar en igualdade para radicar esta lacra social que nos afecta a todos e todas, sinalan dende o Concello.
Comments