![](https://static.wixstatic.com/media/9bc9f6_9f606288e2354c2ba57372f01019c23d~mv2.png/v1/fill/w_980,h_1386,al_c,q_90,usm_0.66_1.00_0.01,enc_auto/9bc9f6_9f606288e2354c2ba57372f01019c23d~mv2.png)
O Concello de Tordoia informa de que o vindeiro domingo, 27 de febreiro, terá lugar a Festa de Entroido na praza do Concello, en Pontepedra, dende as 11h da mañá. A partir das 12h terá lugar o Concurso de Disfraces con tres categorías e tres premios en cada unha. Na infantil, ata 16 anos, haberá un premio de 80 euros, outro de 50 e outro de 20. Na de adultos, para maiores de 16 anoa, os premios serán do mesmo valor. Nos grupos mixtos, con dúas ou máis persoas, o primeiro premio será de 150 euros, de 90 o 2º e de 60 o 3º.
Ás 13.30h terá lugar unha actuación musical e haberá degustación de tapas típicas destas datas nos bares de Pontepedra. Sortearase, ademais, unha bicicleta entre os asistentes disfrazados.
Pódense facer inscricións no Ximnasio Municipal ata a mañá do venres 25 ou no 618 226 667.
Comments