top of page

Corte de auga por mantemento en Ordes esta tarde


O Concello de Ordes anunciou que terá lugar esta tarde, 8 de abril, unha interrupción do suministro de auga potable en varias rúas do municipio. Será entre as 16 e as 19h e afectará ás redes de abastecemento dos números pares de Alfonso Senra. Tamén afectará en Merelle, O Conde, Reboredo, Queirúa e Polígono Industrial. O corte débese a traballos de mantemento. O Concello prega desculpas polas molestias ocasionadas.



Comments


bottom of page