Curso de poda de froiteiras en Trazo
- Crónicas da comarca
- 2 feb 2023
- 1 Min. de lectura

O concello de Trazo impulsa unha actividade formativa dirixida a todas as persoas interesadas no coidado das árbores froiteiras. Celebrarase os días 14, 15, 16 e 18 ou 19 de febreiro, entre as 19h e as 21:30h. O enxeñeiro agrónomo e técnico especializado da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia Francisco Otero Otero será o encargado de impartir a actividade
As inscricións poden facerse no Concello ata o día 10. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición, con preferencia para a veciñanza empadroada en Trazo.
Comments