top of page

Curso sobre cultivo de castiñeiro en Cerceda


ree

O vindeiro sábado 12, de 10 a13h, terá lugar no Auditorio Municipal de Cerceda unha xornada técnica de introdución ao cultivo de castiñeiro de froito. Farase unha introdución ao cultivo do castiñeiro, dende a planificación da plantación, normativa, entutorado e protección da plantación, así como o mantemento de castiñeiros para producir castaña.

Participará persoal do viveiro especializado en producción de clons híbridos de castiñeiro A REVOLTA, de Cambre. As inscricións poden facerse dende hoxe no 981 68 50 01.

Comentarios


bottom of page