Cursos de informática para adultos en Cerceda
- Crónicas da comarca
- 24 sept 2021
- 1 Min. de lectura

O luns 27 comeza o prazo para anotarse nos cursos de informática e móbiles para adultos na aula CeMIT Cerceda. As inscricións poderán facerse a partir das 9:00 de maneira presencial na oficina da planta baixa do Centro Cívico ou telemática cubrindo o seguinte formulario (dispoñible a partir do luns).
O curso incluirá o emprego básico do móbil, internet e aplicacións, trámites electrónicos e redes sociais. Tamén, sobre ordenadores, incluirá informática básica e informática na nube.




Comentarios