top of page

Derrubada a cheminea de Meirama [+VÍDEO]

Actualizado: 2 mar 2023


Fotografía: TVG

A cheminea da central térmica de Meirama deixa de destacarse no horizonte de Cerceda logo de 40 anos. De 204 metros de altura, foi derrubada esta mañá despois de que en decembro se fixese o propio coa torre de refrixeración. A planta pechou en 2019.


A cheminea foi destruída a través dunha voadura controlada con dinamita, no contexto do proceso de descarbonización da enerxía. A derruba tivo lugar ás dúas do mediodía.


Unha central que deixou pegada

A central de Meirama foi unha das maiores plantas de produción enerxética en España. A súa potencia bruta foi de 580 megawatios. Chegou a contar cunha plantilla de 200 persoas.


Logo de que as reservas da mina se esgotasen no 2008, cambiou o lignito pola hulla no proceso de produción enerxética. A explotación mineira foi tapada cun lago de 200 metros de profundidade e máis de dous quilómetros de lonxitude.





Comments


bottom of page