top of page

Doce casos de COVID-19 en Tordoia e vinte e catro en Ordes



O Concello de Tordoia informou hoxe de que na actualidade hai 12 casos positivos no municipio. Desexan unha pronta recuperación e trasladan o seu apoio a estas persoas.

Piden responsabilidade á cidadanía cumprindo coas medidas de prevención en hixiene, distanciamento social e uso da mascarilla.

Pola súa banda, Ordes notificou hoxe dous positivos por COVID-19, ademais do falecemento dunha persoa por esta doenza, a terceira na localidade. Suma un total de 24 casos activos no municipio.

Comentarios


bottom of page