top of page

Enma Campelo e Christian Noya, do Xadrez Club Oroso, podio en Ferrolterra



Dende o Club Xadrez Oroso salientan os éxitos dos seus xogadores en Ferrolterra durante a pasada fin de semana. En concreto, o Club destaca o excelente papel da xogadora Enma Campelo Mallo, de 12 anos,, que acadou dous podios: foi campioa o sábado en Narón e subcampioa absoluta, ademais de subcampioa absoluta sub18.



Dende o club amósanse "gratamente impresionados coa progresión de Enma, que en menos de dous anos pasou de acompañar á súa irmá aos torneos sen xogar a participar no Campionato de España representando a Galicia e estar ao nivel dos mellores xogadores en todos os torneos".



O club menciona tamén o xogador Christian Noya Mellado, de 9 anos que o sábado acadou o bronce en Narón. É "unha honra para o noso Club ver como a nosa canteira segue progresando e acadando novos éxitos, facéndose un oco entre os mellores clubes do xadrez galego", afirman.



Comments


bottom of page