A segunda fin de semana de outubro chega cargada de propostas culturais en distintos concellos da comarca de Ordes.
En Tordoia, representarase "Ramona Órbitas. A dona do tempo" o venres 8 ás 18:30h na Casa da Cultura. Ramona é unha muller labrega e científica do Courel, que posúe unha horta cibernética e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento, coa que viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mais ecolóxico. Todo co seu estilo rockeiro que entusiasma ao público. As inscricións poden facerse no 981 68 30 06.
En Cerceda, a programación cultural da fin de semana arrinca tamén o venres 8, ás 17:30h, coa representación de 'O que levamos nas maletas' de Magín Blanco. Trátase dun espectáculo de teatro familiar representado no Auditorio Municipal. Posteriormente, o domingo 10, proxectarase ás 20.30h no autocine (a convocatoria abre ás 20h) o filme 'Ons' de Alfonso Zarauza, unha película para maiores de 12 anos. O autocine está na pista de aeromodelismo de Rodís. As inscricións para as actividades faise no 981 685 001.
En Oroso terá lugar unha actividade na biblioteca municipal: un conto musical en directo. Será o 'Cantando con Pinocho', a cargo de Rigoletto Teatro. Ao haber prazas limitadas, debe facerse inscrición na propia biblioteca ou no 981 690 903.
Comments