Frades celebra o 10 de abril a XV Festa da Merenda de Aiazo
- Crónicas da comarca
- 23 mar 2022
- 1 Min. de lectura

O Concello de Frades anunciou onte a celebración, o domingo 10 de abril, da XV Festa da Merenda de Aiaza. Despois de dous anos de parón pola pandemia, a festa volverá repartir merendas gratuítas entre as persoas asistentes. A música correrá a cargo da París de Noia, Tania Veiras, Faíscas da Pontraga e a Charanga BB+.
Será o domingo 10 de abril dende as 12h na área recreativa de Aiazo.
コメント