O Concello de Frades informou hoxe de que o municipio arrinca esta semana con cero casos positivos de Covid-19. A persoa que estaba en illamento domiciliario recuperouse totalmente e superou a enfermidade, o que desde o Concello celebran.
Dende o Goberno local pídese que se leven a cabo reunións en grupo, xa que "a situación non deixa de empeorar na nosa contorna e que temos que seguir ao pe da letra as indicacións das autoridades sanitarias". Entre estas, levar máscara, lavar e desinfectar as mans cada pouco e maner a distancia social de seguridade.
Comentários