top of page

Frades e Tordoia seguen sen casos activos de Covid-19



O Concello de Frades sinalou onte que, unha semana máis, Frades continúa sen casos activos de COVID-19. Agraceden igualmente "o esforzo que levades feito durante todo este tempo", pero reiteran "que non podemos descoidarnos agora". Por iso piden seguir "levando a máscara sempre, continuade cos hábitos de hixiene e, sobre todo, mantede a distancia social". Lembran que só están permitidas reunións de ata catro persoas non convivintes.

Por outra banda, lembran as restricións xerais vixentes: mobilidade libre dentro de Galicia agás cos concellos con alta incidencia de COVID, limitarse aos desprazamentos pechados e toque de queda de 22h a 6h. A hostalería deberá funcionar ao 50% de capacidade en terrazas e 30 no interior, pechando ás 18h o servizo e podendo servir a domicilio ou para levar ata as 24h e 21:30h, respectivamente. O comercio, pola súa banda, pode funcionar ao 50% de aforo ata as 21:30.


Sen casos en Tordoia

Tordoia informou o pasado día 15 de que hai cero casos positivos de COVID-19 en todo o municipio. Piden seguir sendo responsables e ter coidado para manter esta situación así.



Comments


bottom of page