top of page

Ordes entra en alerta amarela mentres Frades e Tordoia suman catro novos casos de COVID-19



A Xunta puxo esta mañá o concello de Ordes en alerta amarela por incidencia de COVID-19 (de sete a catorce casos novos). De momento non se coñece o número exacto de novos casos.

O Concello de Tordoia informou hoxe de que neste momento son dous os casos positivos localizados no municipio, a quen desexan unha pronta recuperación e trasladan o seu apoio e axuda. O Concello pide a toda a veciñanza que extreme as medidas de prevención en hixiene, distanciamento social e uso de mascarilla.

Para calquera dúbida ou consulta, recordan, pódese recorrer ao concello no 981 690 001 ou ao teléfono do SERGAS 900 400 116.

Onte á tarde, dende o Concello de Frades informouse tamén de dous novos positivos, o que fan que o total ascenda a tres no municipio. Estes novos positivos atópanse en illamento domiciliario. O Concello deséxalles unha pronta recuperación.

Neste momento, Mesía permanece tamén en alerta amarela por COVID-19 (de sete a catorce casos novos por semana) e en toda Galicia están limitadas as xuntanzas de máis de 10 persoas por orde da Xunta.

コメント


bottom of page