O Concello de Frades fixo pública unha lista de "ecoconsellos" para unhas comidas responsables dende o punto de vista ambiental nas festas de Nadal. Así, o Concello recomenda mercar produto ecolóxico e sostible cando é posible, así como medir as cantidades a preparar para evitar desperdiciar comida.
Do mesmo modo, dende o Concello propoñen á veciñanza non comprar comida con demasiada embalaxe e, cando hai sobras, practicar a cociña de aproveitamento.
Comments