top of page

Frades lanza un bono taxi para visitas ao SERGAS

O Concello de Frades porá en marcha un bono taxi, un servizo gratuíto de transporte para acudir a citas médicas do SERGAS. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o taxista Juan Carlos Andrade asinaron onte o convenio polo que se pon a andar este servizo.


Deste xeito, a veciñanza de Frades que cumpla os requisitos poderá acudir aos centro sanitarios SERGAS de balde dentro da provincia da Coruña. As condicións para as persoas beneficiarias son que vivan soas, teñan máis de 65 anos ou maiores de idade con discapacidade recoñecida superior ao 65%, ser perceptores dunha pensión da Seguridade Social por IPT, IPA ou grande discapacidade, ou ter un grao 2 ou 3 de dependencia. Ademais, a unidade familiar non pode chegar a máis do 85% do IPREM en ingresos. Tampouco se poderá contar con vehículo propio ou con capacidade para a condución. O transporte público non estará adaptado.




Comments


bottom of page