top of page

Frades leva o venres a pleno os Orzamentos



O Concello de Frades celebra un pleno extraordinario para a aprobación dos Orzamentos e do POS+2022 mañá venres, 4 de febreiro, ás 13.30h. A Orde do Día comprende a aprobación inicial do Orzamento 2022, a aprobación do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+2022 e a aprobación do POS+Adicional 1/2022 da Deputación da Coruña para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. Tamén o ditame da aprobación definitiva da Conta Xeral 2020

Comments


bottom of page