O Concello de Frades organiza "A busca dos ovos de Pascua", un divertido xogo dirixido a nenos e nenas de ata 12 anos empadroados en Frades. O xogo, organizado en colaboración con Vagalume Ocio E Tempo Libre, consiste en atopar os 13 ovos perdidos polo coelliño Frady na súa visita a Frades.
Para participar, débese enviar un whatsapp ao teléfono 699 639 700 (Cris) antes das 22:00 h do domingo 28 de marzo co nome, apelidos, idade e parroquia do neno/a que vai participar.
A partir do luns 29 de marzo cada participante recibirá no seu teléfono as pistas para atopar os 13 ovos, sacarse unha foto no lugar e, cando teña as 13, envialas para reclamar o doce premio. Pódese xogar ata as 22:00 horas do venres 2 de abril.
Pódense consultar as bases aquí.
コメント