Frades ten tres casos positivos de COVID-19
- Crónicas da comarca
- 17 nov 2020
- 1 Min. de lectura

O Concello de Frades anunciou a última hora do luns de dous novos positivos por COVID-19, que se foron sumar ao que xa se coñecera a fins da semana previa. O pasado xoves, o municipio rexistraba cero casos.
A persoa que deu positivo o pasado venres e unha das confirmadas onte mantéñense en situación de illamento domiciliario ,mentres que o terceiro caso está en illamento hospitalario. O Concello envíalles aos tres pacientes os seus mellores desexos de pronta recuperación. Volven lembrar a importancia de manter a distancia social e utilizar máscara, especialmente en encontros coa familia e amizades.
Comments