A Garda Civil investiga a un condutor por homicidio imprudente en Cerceda
- Crónicas da comarca
- 28 ene 2021
- 1 Min. de lectura

O Subsector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil da Coruña investiga ao condutor dun turismo que o día 21 de decembro do ano pasado chocou con outro, nun accidente no que faleceu un veciño de Tordoia de 61 anos. Os feitos ocorreron sobre as sobre as 19:30 horas dese día, á altura do km.12,120 da AC-413 (Ordes-Carballo), no lugar da Tablilla. O vehículo do falecido realizaba un xiro permitido á dereita para acceder a unha estación de servizo, cando o vehículo do investigado realizaba unha manobra de adiantamento. O resultado foi un choque frontolateral cun falecido e un ferido grave.
Unha vez solicitadas todas as probas; na mañá de onte, por parte do equipo de Atestados do Subsector procedeuse a investigar ao referido condutor por un delito de homicidio por imprudencia grave, e outro contra a Seguridade Viaria por conducir un vehículo a motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas implicado nun sinistro viario.
O investigado, un home de 49 anos de idade e veciño de Cerceda, quedou a disposición
do xulgado de Garda do día dos feitos, da Coruña.
コメント