'Habeas Corpus' de Teatro Malasombra Producións, representarase esta tarde ás 20:30h na Alameda de Góis de Oroso. Trátase dunha comedia destinada a público de todas as idades. O argumento trata un tema tan antigo e tan de actualidade como é a relación do ser humano coas demais especies animais. Diríxese a nenas e nenos maiores de sete anos e persoas adultas.
A representación encádrase dentro da ampla programación municipal para rematar a “Semana Cultural 2021”. O xoves 2, de 17h a 20h, terá lugar a actuación de maxia “Dani García con Gadalka” na Piscina Municipal, dirixido ao público familiar. E o venres ás 20:30h será a vez do concerto e Odaiko Percusión na Alameda de Gois, dirixido a todos os públicos.
A inscrición é obrigatoria no teléfono 981690903.
Comments