O Concello de Tordoia vén de comunicar que os seis casos que había activos de COVID-19 a semana pasada no termo municipal reducíronse a un só no último control. Dende o Concello desexan a este último paciente unha pronta recuperación e trasládanlle o seu apoio.
A pesar da boa nova, chaman a seguir "tendo moito coidado para non retornar á situación da semana pasada e poder seguir nun nivel baixo de alerta". Piden á cidadanía que extrema as medidas de prevención en hixiene, distanciamento social e uso de máscara facial.
Comments