
O pasado sábado 2 de abril, a localidade de Noia acollía o I Torneo Nacional Unificado de Taekwondo ITF, organizado pola Federación Internacional Taekwon-Do España ( F.I.T.E.), segundo informou hoxe o Concello de Ordes. Un evento ao que asistiron máis de 600 competidores de Taekwon-Do ITF que proviñan de máis dunha vintena de escolas de todo o territorio nacional. Jorge Taboada Botana representaría ao club Ordes Fight, acompañado do Sabum Nim Ismael Castiñeira, participando nas modalidades de Tul e combate.
Na modalidade de Tul, Jorge logrou chegar ata semifinais e conseguir un terceiro que sabe a ouro, xa que foi a súa primeira participación nesta modalidade, e mostrou, segundo o Sabum Nim, unha calidade técnica moi superior á dos seus opoñentes.
Sería na categoría de combate sénior masculino -64kg onde Taboada se subiría ao primeiro chanzo do podio, conseguindo un merecido primeiro posto nun torneo de ámbito nacional, onde se lle viu cómodo, fresco e adaptándose en todo momento a un estilo de competición diferente a calquera das modalidades do Kickbóxing.
Comments