Lixeiro tremor de terra en Oroso
- Crónicas da comarca
- 30 nov 2023
- 1 Min. de lectura
O Instituto Geológico Nacional informou esta tarde dun terremoto de magnitude 3.6 cuxo epicentro estivo na contorna de Oroso, concretamente ao sur de Sigüeiro. A profundidade do tremor foi de 6 quilómetros. A hora en que se produciu foi pouco antes das sete e dez da tarde. O terremoto sentiuse tamén en Compostela.

Comments